“Esperamos que o goberno municipal recapacite e faga de inmediato as obras pois os investimentos para mellorar as condicións dos centros de ensino son prioritarios”, declarou Bolívar González
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- No pleno extraordinario do pasado xoves, o PP negouse a apoiar a iniciativa do BNG que instaba ao goberno municipal a reparar e mellorar as instalacións do colexio “Feliciano Barrera” de Guláns, a pesares de transcurrir xa máis da metade do curso nunhas condicións de precariedade e desidia absoluta
O BNG lamenta que o goberno municipal do Partido Popular, non considere prioritario realizar de inmediato unha obras que debían estar feitas xa no mes de setembro, antes do inicio do actual curso escolar, para que os nenos poideran dispoñer dunhas instalacións educativas dignas, tanto no edificio como no patio do centro, instalacións que se teñen deteriorado nos últimos anos sin que por parte do Concello, que é responsable do mantemento dos centro de ensino, se puxera remedio.
O PP votou en contra da proposta do BNG e non asumiu a urxencia desta actuación a pesares de recoñecer, por parte do concelleiro de ensino Sr. González Carrera, a necesidade destas actuacións. “Esperamos que o goberno municipal recapacite e faga de inmediato as obras pois os investimentos para mellorar as condicións dos centros de ensino son prioritarios”, declarou Bolívar González, portavoz municipal do BNG.