MADRID.- . O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, reprochou este mediodía ao Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, o apoio a Durao Barroso para que repita como Presidente da Comisión Europea. Ademáis de criticar a falla de iniciativa do último Consello Europeo para facer fronte á crise económica.
Un Presidente da Comisión defensor a ultranza de los dogmas económicos, falto de iniciativa ante a crise e anfitrión da foto das Azores
O portavoz do BNG ironizou sobre a comentada frase de Leire Pajín durante a campaña eleitoral na que vaticinou unha nova era ao coincidir a presidencia española da UE coa presidencia de Obama en EE.UU.
E o fixo para pór de relieve que “mentras se fai tal afirmación, vostedes celebran o respaldo político do Consello á relección de Durao Barroso”. Jorquera afirmou que se trata dun Presidente da Comisión Europea que se caracterizou pola “defensa a ultranza dos dogmas económicos que nos levaron a esta situación e pola súa total falla de iniciativa ante a profunda crise económica”.
Ademáis, subliñou, “é un Presidente da Comisión Europea que pasará á historia por ser o anfitrión que fixo posíbel a vergoñenta foto das Azores”. E que, desde logo, “non encarna o inicio da nova era”.
O BNG, sinalou, “respetará a proposta pero nen entendemos o apoio do seu Goberno, nen a precipitación en anuncialo antes de que se celebrasen as eleccións europeas”.
Mercadeo no referéndum de Irlanda
Precisamente, o deputado do BNG referiuse ás eleccións europeas para pór de manifesto a baixa participación que “cecáis teña algunha relación coa percepción de que na UE non hai espazo para aplicar outras políticas e onde a opinión dos cidadáns conta pouco”.
Criticou Jorquera o feito de que non se tomara nota do rexeitamento de moitos cidadáns ao rumbo da UE, e tampouco hai vontade de rectificar, “só de ver como este rexeitamento se pode soslaiar”.
Unha circunstancia que se voltou a evidenciar no Consello Europeo “co mercadeo entre os representantes do Goberno irlandés e o resto de membros para pactar fórmulas que xustifiquen a convocatoria dun segundo referéndum en Irlanda, sen necesidade de volver a someter a ratificación o Tratado por parte do resto dos Estados membros”.
Nada en política económica e social para paliar a crise
Asemade, afirmou que o Consello Europeo voltou a demostrar falta de vontade “para iniciar un xiro na política económica e social para paliar a crise nas clases traballadoras”. Neste sentido, manifestou a insatisfacción do BNG coa forma como se abordou a Declaración sobre os dereitos dos traballadores, “cuxo contido ficou nunha mera declaración de intencións, sen aludir ao protocolo de progreso social e tampouco á modificación da directiva de desprazamento de traballadores que abre a porta a prácticas de dumping social”.
En relación coa mesma temática laboral, Jorquera aludiu ás palabras de Trichet que pediu ao Goberno español unha reforma laboral que abarate o despido e poña fin ás cláusulas de revisión salarial.
Defender ao noso sector lácteo
Para rematar, o portavoz do BNG citou a conclusión número 14 do Consello Europeo sobre a situación do sector lácteo. “Ínstámoslle a que no marco desa análise e conseguintes propostas, vostedes defendan o desenvolvemento da capacidade produtiva e unha política de prezos xustos para o noso sector lácteo”.