26 junio 2009

Vuelve a la actividad José Enrique Sotelo que había sufrido un grave accidente cerebral hace semanas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O deputado provincial, José Enrique Sotelo, concitou hoxe a atención, os parabéns e o calor humán de tódolos deputados provinciais que fixeron unha fila para felicita-lo, un por un, con motivo da súa reincorporación á vida política no Pleno da Deputación de Pontevedra, celebrado hoxe, despois de superar con éxito e prontitude un problema físico que provocou o seu internamento nunha clínica de Vigo.
Os deputados de tódolos partidos saudaron e felicitaron efusivamente a Sotelo e as primeiras intervencións dos portavoces do BNG, PSOE e PP adicaron cariñosas frases ó deputado polo Morrazo.
Na sesión celebrada hoxe aprobouse unha modificación de créditos por valor de 15 millóns de euros _parte dos cales irán destiñados ó Plan Anticrise_, resolveronse as alegacións e aprobaronse definitivamente os proxectos do Acceso oeste a Montecelo, da mellora da seguridade vial da estrada Caldas-Vilanoviña e foi aprobada tamén, por unanimidade, unha moción relativa á construcción dunha entrada e saída da AP-9 en dirección Vigo á altura de Barbeira (Figueirido) que facilitaría tráficos de Moaña, Vilaboa, Redondela e Soutomaior.