24 junio 2009

El Bloque advierte a Pescanova y a la Xunta que sigue oponiéndose a una gran piscifactoría en Cabo Touriñán

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz do BNG na Comisión de Pesca do Parlamento Galego, Bieito Lobeira, amosa o rexeitamento do BNG á pretensión de PESCANOVA e da Consellaría do Mar de recuperar o proxecto de construción dunha gran piscifactoría no cabo Touriñán.

Bieito Lobeira explica a posición contraria do BNG porque “o proxecto nesa zona sería moi agresivo dende o punto de vista medioambiental e paisaxístico, e porque ademais sería incompatíbel con outras actividades que se dan na zona como a pesca de baixura e a actividade percebeira”.

“O modelo do PP é subvencionar con fondos públicos grandes proxectos de acuicultura”

O deputado do BNG sitúa a recuperación do proxecto de Touriñán “nunha aposta do PP, a través da Consellaría do Mar, polo desmantelamento subvencionado da nosa flota e pola instalación, tamén moi subvencionada con fondos públicos, de grandes piscifactorías, que benefician a grandes grupos empresariais pero non ao conxunto da sociedade”.

Pescanova inaugura unha gran planta de panga en Mozambique, que logo competirá co peixe da flota galega

Por último Bieito Lobeira chama a atención sobre o feito de que “ao mesmo tempo que o PP privilexia a través das subvencións públicas a PESCANOVA, ao mesmo tempo este gran grupo empresarial anuncia a entrada en funcionamento en Mozambique dunha gran planta de produción de panga -xa que o que importaba do Vietnam non era suficiente- que directamente co peixe da nosa flota pesqueira”.