24 junio 2009

BNG insta a la Xunta a resolver ya el conflicto de la carretera Moaña-Marin

MoAÑA-MARIN (MORRAZO-TRIBUNA).- O deputado do BNG, Bieito Lobeira, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que adopte as medidas necesarias para resolver de xeito definitivo o conflito orixinada na estrada Marín-Moaña, a PO-313.

Neste sentido, solicítalle ao Goberno da Xunta que manteña unha interlocución e negociación tanto co concello de Marín como cos veciños afectados.

As decisións da Consellaría non aportaron solucións

O deputado do BNG considera que as últimas decisións tomadas pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en relación co conflicto en demanda de máis seguridade vial que manteñan os veciños e veciñas con casas nas inmediacións da PO-313 “non só non contribuíron a aportar solucións, senón que ademais xeraron incertidume e maior preocupación”.

É necesaria unha actuación urxente para mellorar a seguridade vial e atender as demandas dos veciños

Así, Bieito Lobeira lembra que os veciños e veciñas levan anos defendendo a adopción de medidas urxentes neste vial en materia tránsito, seguranza e humanización da estrada. Neste sentido, salienta como actuacións prioritarias que debería levar a cabo a Consellaría a dotación de beirarrúas, marquesiñas nas paradas de transporte público, pasos de peóns, ou a mellora da iluminación.

Ademais, o deputado do BNG demanda que a Xunta “resolva de xeito definitivo e seguro, e coa máxima urxencia, o actual problema xerado pola líña que impide a mínima comunicación nos sentidos contrarios da mesma estrada”. Propón como solución a posibilidade de instalar redondas nos lugares máis acaídos, que permitan a rotación do tránsito rodado de vehículos.