Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou a solicitude de comparecencia do Ministro de Fomento, José Blanco, na Cámara Baixa para que informe sobre as fórmulas de financiamento do AVE galego.
O deputado do BNG quer que o titular de Fomento explique os sisitemas de financiamento do AVE para Galiza, especialmente o anunciado o outro día na xunta con Feijoo sobre a posibilidade de entrada de capital privado no tramo Vigo-Ourense por Cerdedo.
Ademáis, Jorquera demanda que José Blanco informe en sede parlamentar do novo calendario para a finalización dos distintos tramos do tren de alta velocidade.
O parlamentar nacionalista xa amosara hai dous días “as súas dúbidas por fórmulas mixtas de financiamento que non ofrecen confianza e supoñen unha grande incerteza. O feito de que se poida depender da iniciativa privada engade máis risco porque se corre o perigo de que fique na indefinición”. Para o deputado do BNG é importante que José Blanco despexe as incógnitas sobre este tema.