29 junio 2009

Los Feijóo´s ponen a la venta los coches de los Touriño´s

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O Consello da Xunta ten previsto autorizar na súa reunión do vindeiro xoves á Consellería de Presidencia para que inicie o proceso de alleabilidade de 23 vehículos de alta gama do parque móbil, despois de realizar un estudo de necesidades e constatar que non eran necesarios e que tiñan un alto custe para a Administración autonómica.

Unha vez recibida a autorización, a Consellería de Presidencia iniciará de inmediato o proceso de venda dos vehículos, a través dun procedemento aberto e transparente que garanta a libre concorrencia para facerse con eles. En ningún caso se adquirirán novos vehículos para uso dos altos cargos, xa que a dotación actual é suficiente para facer fronte ás necesidades.

En total, sacaranse ao mercado 23 vehículos de alta gama, que neste momento non se estaban a usar e cuxos gastos de mantemento para as arcas públicas ascenderon no ano 2008 a máis de 360.000 euros.

A venda destes vehículos enmárcase na liña de austeridade e eficiencia impulsada polo Goberno galego. Nese sentido, e segundo anunciou a semana pasada no Parlamento o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, cada conselleiro contará cun só coche oficial.