26 junio 2009
Lío en Salvaterra : el BNG abandona el Pleno Municipal
Publicado por C&CdeGaliza en 26.6.09 Etiquetas: POLEMICA, POLITICA, RIAS BAIXASSALVATERRA do MIÑO (MORRAZO-TRIBUNA).- Os concelleiros do grupo municipal do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, Patricia Rodríguez e Antón Lorenzo, abandonaron este venres a sesión plenaria de Salvaterra como medida de protesta contra a decisión do goberno local de non buscar unha data de consenso entre as tres forzas políticas con representación municipal para celebrar os plenos. Segundo os nacionalistas “con esta medida, o equipo de goberno presidido por Arturo Grandal só pretende impedir que o concelleiro e deputado provincial Gabriel Martínez leve a cabo a súa labor de denuncia e fiscalización na Deputación”.
Gabriel Martínez asegura que esta actitude é “unha mostra máis da prepotencia coa que actúa o goberno local do Partido Popular”, plasmada asemade no inicio da sesión plenaria, tratando de impedir a intervención do portavoz nacionalista. Porén, o concelleiro nacionalista anunciou antes da saída da sesión que o grupo municipal do BNG “renuncia á súa asignación pola asistencia ao pleno”.
Segundo Gabriel Martínez, o goberno municipal “trata de impedir o normal desempeño do meu traballo”, e lembra que froito do mesmo na institución provincial denunciou a “falsificación da certificación da variante de acceso a Lira e as irregularidades do pavillón de Leirado”, entre outros exemplos.
Respecto á argumentación aducida polo alcalde de Salvaterra de que a concelleira e deputada no Parlamento galego Marta Válcárcel “ten todos os días ocupados en Santiago”, o portavoz do BNG plantea a pregunta de “cando traballa entón en Salvaterra”. O concelleiro do BNG criticou asemade as declaracións de Arturo Grandal segundo as cais os deputados provinciais teñen nomeados suplentes. “Non é certo que nas deputacións exista a figura de suplente, simplemente se un deputado ou deputada renuncia, asume o cargo a seguinte persoa na lista”, explica Gabriel Martínez.
Pese a ter abandonado o pleno o grupo municipal do BNG de Salvaterra deixou planteadas diversas cuestións por escrito ao equipo de goberno. Entre elas figuran preguntas sobre o estado do pavillón de Leirado e a súa entrega ao Concello por parte da Deputación. Os nacionalistas solicitan tamén explicación sobre diversos compromisos adquiridos polo equipo de goberno sobre o arranxo de viais e colocación de puntos de luz en diferentes barrios e parroquias do municipio. Por outra banda, preguntan se existía algún compromiso por parte de alcaldia de non cobrar a varias empresas de Salvaterra que teñen conexión á rede de abastecemento de auga.