26 junio 2009

Castro-Mos terá o seu propio polideportivo

MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- O 75% do custe total do pavillón, que se ubicará detrás do colexio, será financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, que fará un desembolso de máis de 600.000 euros

O Pleno da Coporación Municipal mosense aprobou por unanimidade na sesión ordinaria mensual de onte pola tarde, o convenio de colaboración coa Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra para a construcción dun pavillón deportivo na parte posterior do colexio Castro-Mos.

A Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou de que dito polideportivo suporá unha inversión de 800.632 euros dos cales a Deputación financiará o 75% da cifra total, que ascende a 600.474 euros.

Negociacións fructíferas

Arévalo declarouse no pleno “satisfeita, tras só seis meses na Alcaldía, de ter cumplido a promesa que lle fixera sendo concelleira ós veciños da zona de conseguir un pavillón para a parroquia de Mos”.

A rexedora municipal e o Secretario Xeral de Educación, José Luis Vázquez Fernández, visitaron o pasado día 17 de xuño as obras do novo colexio Castro Mos acompañados pola edil mosense de Educación, Julia Loureiro, e por técnicos municipais e autonómicos. Durante a visita, o Secretario Xeral autorizou a construcción, por parte do Concello de Mos, do novo pavillón municipal que se ubicará na zona traseira da escola; e comprometeuse coa Alcaldesa a que a Xunta de Galicia acometa e asuma o custe dun novo muro de peche para o centro.