26 junio 2009

De interés para los vecinos del vial Caldas-Vilanoviña

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou hoxe por unanimidade a resolución das alegacións presentadas ó proxecto de mellora da seguridade viaria da EP 8004 Caldas-Vilanoviña (tramo Caldas-Portas) e a relación definitiva dos propietarios e bens afectados. Así mesmo, o Pleno acordou solicitarlle á Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos terreos.
Esta actuación afectará a 12 propietarios; a 4.128 metros cadrados de terreo; a 81 metros liñáis de peches e a 20 postes revestidos de pedra.
As obras de mellora da seguridade viara na estrada provincial 8004 Caldas-Vilanoviña está dotado dun orzamento de 443.621,33 euros dos cales 287.961,33 serán investidos na execución de obras e os restantes 155.660 euros no pago das expropiacións.
Este proxecto redactouse ó obxecto de mellorar a seguridade viaria no tramo de 720 metros comprendido entre a rede viaria urbana do municipio de Caldas e o seguinte tramo da estrada que xa foi obxecto de ensanche mediante variante que circunvala o núcleo urbano.
Segundo recolle a memoria técnica, o tramo de estrada non reúne as características esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para peóns que reúnan as mínimas condicións de seguridade.
Para paliar estas deficiencias a Deputación proxecta construír unha plataforma de 15 metros de ancho con dúas calzadas de 3,50 metros cada unha, dous arcéns de un metro cada un, dous espazos verdes de 0,50 metros e dous paseos peonís de 2,50 metros cada un.