26 junio 2009

Importantes asfaltados por cuenta de Deputación en muchas carreteras de la provincia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou hoxe ó remate da Xunta de Goberno da institución, a aprobación do proxecto de mellora da capa de rodaxe de estradas provinciais da zona centro da provincia por un importe de 1.017.399 euros.
Estas actuacións terán por obxecto a mellora do firme actual e a limpeza de cunetas a fin de mellorar as condicións de seguridade nas estradas provinciais.
Segundo informou Louzán, a rede provincial de estradas está conformada por 1.684 quilómetros.
No Baixo Miño sitúanse 12 estradas provinciais con 64 quilómetros; na comarca de Caldas 32 vías con 123,5 quilómetros; na comarca de Pontevedra 66 estradas provinciais cunha extensión de 235,96 quilómetros; na comarca de Vigo 57 estradas con 238,87 quilómetros; na comarca do condado 22 estradas cunha lonxitude de 106,66 quilómetros; na Paradanta 22 estradas con 129,94 quilómetros; no Deza 57 estradas provinciais cunha extensión de 293,91 quilómetros, na comarca do Morrazo 30 vías con 70,58 quilómetros; na comarca do Salnés 57 estradas con 172,99 quilómetros; e finalmente, na comarca de Tabeirós Terra de Montes 39 estradas provinciais con 248,53 quilómetros.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou hoxe ó remate da Xunta de Goberno da institución, a aprobación do proxecto de mellora da capa de rodaxe de estradas provinciais da zona norte da provincia por un importe de 817.694 euros.