26 junio 2009

Viene Chaves este martes a Compostela para tratar de catequizar a F-009

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez reunirase o próximo martes 30 de xuño en Santiago co vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves para afondar na reforma do financiamento autonómico.

A entrevista enmárcase na rolda de contactos que o vicepresidente terceiro do Goberno anunciou que mantería coas diferentes comunidades autónomas para abordar o novo sistema de financiamento, antes de que se reúna o próximo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF).

Este encontro entre ambos os dous mandatarios, no que analizarán polo miúdo o posicionamento de Galicia no deseño do novo modelo de financiamento para as autonomías, é previo á reunión que o xefe do Executivo Galego manterá coa vicepresidenta segunda do Goberno e Ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado, o vindeiro mércores en Madrid.