27 junio 2009

Vigo necesita un centro
de emergencia social

Las voces que claman en el desierto
no se apagan : un centro para los
indigentes en Vigo

O martes 30 de xuño ás 11:30 na Praza da Constitución, na cidade de VIGO, convocamos un acto sociocomunitario no que presentaremos a canción Nas choupanas de Galicia, nas choupanas de Vigo, con letra e música adaptada da canción En el pozo de María Luisa.

Neste acto esixiremos ós responsables municipais e autonómicos que acometan dunha vez por todas a negociación que culmine na inmediata apertura do Centro de Emerxencia Social na nosa cidade, porque estamos convencidos de que, tras tantos anos de loita, nunca en Vigo estivemos tan preto de inaugurar dito centro, pero tamén somos conscientes de que a falta de consenso entre as administracións pode rematar por desbotar un proxecto tan necesario.

Ademáis no acto lembraremos a dúas persoas recentemente falecidas: a Vicente Ferrer, un exemplo de solidariedade cos máis pobres, e a un compañeiro do Programa Sere@s do Casco Vello que morreu na nosa cidade hai unhas semanas.


Grupo O Imán de autoapoio VIH/SIDA e adiccións
Asemblea Permanente de Persoas Sen Fogar
Comunidade Parroquial Cristo da Victoria