Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acudiu á Xunta Anual da Federación Galega de Cofradías de Mariñeiros, onde expuxo as principais liñas de traballo iniciadas nos dous últimos meses. A titular deste departamento salientou a revisión da Lei de Pesca de Galicia, o Plan contra o Furtivismo, as negociacións para a regularización da flota e o desbloqueo dos Grupos de Acción Costeira (GAC)
A conselleira indicou que nas próximas semanas se remitirá ao Consello Galego de Pesca o texto modificado da Lei de Pesca de Galicia, para que poida emitir un ditame. Ademais farase chegar a todas as entidades relacionadas co sector, para que poidan expoñer as súas consideracións. O obxectivo final é acadar o maior consenso posible coas entidades directamente implicadas na pesca, o marisqueo e a acuicultura.
Rosa Quintana, que asistiu a Xunta acompañada polo director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, salientou a importancia do Plan de Loita contra o Furtivismo, que se activou nas últimas semanas en boa parte da costa galega, e que no mes de xullo estará operativo en toda o litoral.
Tamén se referiu as negociacións que se manteñen co Ministerio de Medio Marino, para a regularización da flota. Neste sentido apuntou que despois da primeira reunión mantida en Madrid con responsables do Goberno central, o próximo venres se celebrará un encontro entre responsables da Xunta, de Medio Marino e da Marina Mercante, para tratar de ampliar os prazos e que ningunha embarcación quede fóra desta regulación.
A conselleira do Mar tamén comentou as iniciativas parlamentarias presentadas para que na Política Común Pesqueira se consideren as particularidades da pesca en augas interiores, dadas as características das nosas rías, onde a potencia das embarcacións teñen unha relación máis directa coas condicións das nosas augas que co esforzo pesqueiro.
Rosa Quintana tamén sinalou que nas últimas semanas se logrou desbloquear a situación en que se atopaban os Grupos de Acción Costeira (GAC), para que se poidan formalizar os convenios, presentar e aprobar os proxectos e executalos, xa que hai máis de 12 millóns de euros dos tres últimos anos para estes proxectos.
Por último anunciou a próxima publicación da regulación da pesca deportiva