26 junio 2009

F-009 va a Madrid para presentación de libro

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu hoxe na Casa de Galicia en Madrid a presentación do libro de José Manuel Otero Lastres, La niña de gris. Vidas rotas por la Guerra Civil, unha obra que recolle a historia dun alférez lexionario de orixe galega que, segundo salientou o titular do Goberno galego, “resume na súa vida e na súa morte a traxedia de moitos outros na Guerra Civil”.

“Pero el existiu, deixou un diario, e ese diario convértese hoxe en testemuña. Podía ter sido un miliciano de Madrid, o calquera dos millóns de mozos europeos ou do resto do mundo sacrificados polas grandes carnicerías da época. Podía non ter morto na trincheira, e ter disfrutado dunha vida pracenteira cos seus fillos e netos. Naquela lotería atroz, tocoulle, sen embargo, a morte”, engadiu o presidente galego no transcurso da súa intervención.

“Manel Otero Lastres dálle perpetuidade a un personaxe que non houbera merecido a condena do olvido”, destacou Núñez Feijóo durante a presentación, na que salientou que a obra ten, ademais dos seus valores literarios, “a gran virtude que fuxir do maniqueísmo”. “Nin o autor, nin o personaxe novelesco que lle sirve de alter ego, son maniqueos. Non xulgan como Dante na Divina Comedia, nin intentan facer xustiza retroactiva, como algúns pretenden facer agora. Observan, describen, tratan con suma delicadeza as situacións”, asegurou.

Neste sentido, Feijóo salientou que o libro supón “unha lección” para os homes e as mulleres da súa xeración, “que moitas veces sufrimos a prolongación do guerracivilismo en forma de historias viciadas por un espírito sectario”.