Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, ratificou hoxe en Vigo o compromiso da actual Xunta de Galicia co sector naval. “O Goberno do que formo parte ten un coñecemento profundo das fortalezas e oportunidades deste sector, así como das debilidades e ameazas que poden chegar a fectarlle, e por iso estamos dispostos, na medida das nosas posibilidades, a axudar, con estratexias encamiñadas non só a manter o sector, senón a pontecialo para que continúe actuando como un dos baluartes da nosa economía”, sinalou. O conselleiro de Economía e Industria fixo estas declaracións no Círculo de Empresarios de Galicia no transcurso do acto de apertura da derradeira xornada do 48º Congreso de Enxeñería Naval e Industrial que se está a desenvolver na cidade Vigo.
Guerra Fernández insistiu en que o novo Goberno da Xunta de Galicia comprometeuse a analizar co sector posibles solucións, “dentro das nosas posibilidades”, para establecer novas canles de financiamento ou avais destinados a apoiar ás empresas, “que están a sufrir falta de liquidez”.
Diante dos asistentes ao congreso, o responsable da Consellería de Economía e Industria identificou ao sector naval galego como un dos sectores estratéxicos da estrutura industrial galega, e asegurou que, aínda que probablemente non o poidamos ver polo de agora, o futuro da construción e reparación naval pode ser positivo. Para apoiar esta afirmación, Guerra Fernández anunciou que a Xunta de Galicia non vai permanecer impasible ante a perda das oportunidades para a dinamización económica que representa o sector naval galego. O conselleiro de Economía e Industria reiterou o seu desexo de que remate o conflito que vive Vigo para “non deixar escapar as oportunidades de desenvol