24 junio 2009

Deputación promove seminarios formativos para o pequeno comercio

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra, a través da Área de Comercio do Servizo de Desenvolvemento Local, organiza seis seminarios formativos en A Guarda, Silleda, Meaño, Marín, Pontevedra e Poio, dirixidos ós traballadores do pequeno comercio. Esta acción realízase en colaboración co IGAPE- Bic Galicia e coas asociacións de comerciantes da provincia.
Esta acción realízase dentro da liña de acción “Formación e cualificación do sector comercial” recollida no Plan Director de Comercio, a través da cal a Deputación pretende dotar a este sector, de maior capacitación profesional no ámbito que lles afecta con formación en novas tecnoloxías, técnicas de venda, a calidade do servizo no pequeno comercio, e diversas medidas que se deben tomar ante a crise.
Os seminarios serán un total de seis e desenvolveranse nos meses de xuño e xullo nas seguintes localidades: A Guarda, Silleda, Meaño, Marín, Pontevedra e Poio. Comezarán esta semana e realizaranse nos días e lugares a continuación indicados:
• Mércores, 24: “Como afrontar a crise: medidas para afrontar a crise I” na Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda (ACIGU). En horario de 20 a 22 horas no local da rúa Agustín Nandín Lomba, nº4- A Guarda.

• Xoves, 25: “Como afrontar a crise: medidas para afrontar a crise I” no local social de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS). En horario de 21 a 23 horas na Casa de Cultura de Silleda, R/Progreso, nº 41 Silleda

• Venres, 26: “Promoción, un estímulo para a venda” no local facilitado pola asociación de comerciantes de Meaño (O Corazón de Meaño). En horario de 21 a 23 horas no Pazo de Lis (ó lado do concello, R/Campo da Feira).

• 29 e 30 xuño " Promoción, un estímulo para a venda" no local social da Asociación Estrela de Marín. Horario: 20.30 a 22.30 horas no local social da asociación R/Real, nº 10 baixo- Marín.

• 2 xullo AEMPE " A importancia de informatizar o comercio" na (Asoc. da Pequena e Mediana Empresa de Pontvedra) . Horario: 20.30 a 22.30 no local social da asociación R/Virgen del camino, nº2- 1ªplta. Of.27 Pontevedra .

• DÍAS: 8 e 9 de xullo ACEP (Asoc. de Comerciantes e Empresarios de Poio) Horario: 20.30 a 22.30 Lugar: O casal do Ferreirós Avda. de Andurique, nº43 San Salvador de Poio - Poio Título seminario: " Calidade no servizo no pequeno comercio"