24 junio 2009

La Xunta apoya los proyectos de piscifactorías y lamenta la marcha de Pescanova a Portugal

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, lamentou hoxe que Galicia non poida contar cos 600 postos de traballo directos e indirectos que xerará a maior planta de produción de rodaballo do mundo, que Pescanova inaugurou hoxe na localidade lusa de Mira. Galicia perdeu unha oportunidade única, que non se podía permitir o luxo de rexeitar diante da situación de crise que atravesamos, e perdeu a posibilidade de reforzar o posicionamento de liderado que tiñamos no mundo en materia de acuicultura, tanto no referente á produción como en innovacion tecnolóxica, nas que Galicia era a primeira.


A conselleira, que asistiu hoxe á inauguración oficial da planta na en Mira, felicitou a Pescanova póla compexidade do proxecto, e ao goberno português, polas axudas que brindaron á empresa galega, ao ver que se trataba dunha actuación de gran importancia desde o punto de vista económico, e criticou que empresários galegos teñan que facer investimentos fóra da nosa Comunidade, porque non atoparon o respaldo do anterior goberno da Xunta.

Este proxecto, apoiado pola Unión Europea e o goberno luso, supón a maior planta de produción de rodaballo do mundo en tamaño, instalacións e tecnoloxía e unha importante fonte de riqueza e de emprego, que o bipartito rexeitou.


A conselleira indicou que temos que tratar de “recuperar o tempo perdido e poñer todos os medios que estean nas mans da administración, para que tanto en materia de acuicultura como na da pesca e o marisqueo en xeral, Galicia conte con grandes investimentos empresariais que nos permitan avanzar, que xeren emprego, produzan riqueza e fortalezan este sector estratéxico”.

Rosa Quintana engadiu que actuacións como a nova planta de rodaballo demostran que proxectos empresariais, que xeran riqueza e emprego, son perfectamente compatibles co respecto ao medio ambiente, e lamentou que Galicia perdese unha oportunidade histórica que contaba co apoio da Unión Europea en materia medioambiental.

A conselleira expresou o seu firme apoio á acuicultura, e concluiu que os proxectos do Plan Acuicola que se poidan executar levaranse a cabo o antes posible, e “aqueles que conten con problemas trataremos de resolvelos, para non perder máis tempo”.