27 junio 2009

F-009 sigue metiéndose en todos los charcos : el mismo defiende el nuevo método de los libros de enseñanza

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- “No momento económico e político no que estamos paréceme que a proposta máis solidaria, a proposta máis progresista, é que os que teñan dificultades poidan acceder aos libros en propiedade e gratuidade total e pasar, así, do préstamo á propiedade, e dunhas axudas ao gratis total”. Así valorou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, os cambios no sistema de gratuidade dos libros de texto anunciados polo seu Goberno. “Creo que non hai máis desigualdade que tratar a todos por igual. Non todos teñen as mesmas posibilidades polo que o lóxico é que os que menos posibilidades teñan, obteñan a propiedade dos libros sen ter que pagar”, destacou.

“Ata o de agora non había un sistema de gratis total, pagábase unha parte. O que había era un préstamo, non se lle daban os libros gratis en propiedade aos alumnos, simplemente se lles prestaban, co cal ninguén tiña libros na casa”, explicou Núñez Feijóo na súa visita desta mañá á Coruña, onde salientou que os escolares deben ter os en propiedade para poder subliñalos, consultalos a posteriori e construír a súa biblioteca na casa. “Por iso se cambia un sistema de préstamo por outro de propiedade. E como, loxicamente, non podemos pagarlle os libros a todos, o razoable é que se lles pague a aqueles que máis o necesiten, pero que se lles pague todo”, remarcou o presidente galego. “Antes, todas as familias tiñan que pagar algún libro, agora as familias que máis o necesitan non pagarán ningún”, engadiu.

O máximo mandatario galego destacou a responsabilidade do seu Goberno de lexislar “nos tempos que nos toca vivir”. “E neste momento hai máis de 215.000 persoas sen emprego, e prevese que haxa 8.000 persoas a final de ano que non teñan ningún tipo de prestación económica, polo tanto temos que mudar os plantexamentos na política de libros”, concluíu.