27 junio 2009

Vecinos de Cangas visitan Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Os vicepresidente provincial, José Juan Durán, recibiu no Pazo Provincial a veciños de Cangas que participaron hoxe nunha das rutas do programa «Coñece a túa provincia» que promove a Deputación de Pontevedra.
Na súa primeira visita, en torno ás 10.30, os membros da asociación tiveron a oportunidade de coñecer o Pazo Provincial.

Este programa, pioneiro na nosa comunidade e imitado por outras administracións, ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos e contribuír ó enriquecemento cultural a través da posta en marcha de visitas guiadas ós centros integrantes do patrimonio da Deputación (Museo, Pazo Provincial, Castelo de Soutomaior, Pazo de Lourizán, Mouriscade, á Finca do Areeiro, o Palacete das Mendoza, o Pazo Gandarón e o centro de vacacións de A Lanzada, entre outros).

O custe de cada viaxe ascende a 25 euros por persoa dos cales 15 son achegados pola Deputación e 10 polos destinatarios. Este prezo inclúe o transporte das persoas en autobús dende os diferentes puntos de saída; dúas guías informativas durante todo o percorrido; a comida (cun menú que inclúe dous pratos, sobremesa, bebidas e café) e o correspondente seguro de viaxe. As visitas son de ida e volta o mesmo día.