24 junio 2009

Bieito Lobeira pide a la Xunta que no trastoque el panorama de la educación infantil en Marin

MARIN (MORRAZO-TRIBUNA).- O deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Bieito Lobeira, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda á Consellaría de Educación que explique por qué motivo ten decidido pechar a unidade de ensino infantil do colexio público de Mogor e pasala ao colexio privado e relixioso “San Narciso”.

Ademais, advirte de que outras dúas unidades de ensino infantil, as dos colexios públicos de O Sequelo e O Grupo (antigo preescolar) “están tamén ameazadas de peche por parte da Consellaría de Educación”.

“A Consellaría de Educación está a apoiar o ensino privado e relixioso, iso si, pagado con cartos públicos”

O deputado do BNG denuncia que “a Consellaría de Educación está apostando claramente polo ensino privado e relixioso, neste caso dos Pais Paúles, en detrimento da escola público, e ademais faino subvencionando aos centros privados con fondos públicos”.

Advirte ademais de que o peche das unidades de ensino infantil “provocará con toda probabilidade no futuro o propio peche dos colexios públicos, pois é de esperar que nenos e nesas sigan cursando estudos no mesmo centro, neste caso privado, o San Narciso”.

Máis de 800 sinaturas recollidas en Marín en defensa das unidades de ensino infantil nos centros públicos

Bieito Lobeira lembra que os directores dos centros de ensino público de Marín chegaron a reunir 800 sinaturas favorábeis á permanencia das unidades de ensino infantil nos centros públicos, presentadas posteriormente perante a Consellaría de Educación.

“A preocupación, pois, do pobo de Marín, e fundamentalmente da súa comunidade educativa por este motivo, é unha evidencia”, subliña.

Engade o deputado nacionalista que “o problema de Marín non é a falta de nenos e nenas, nun concello cunha importante taxa de natalidade, senón a aposta decidida da Xunta do PP polo ensino privado no canto de facelo polo público, como sería lóxico”.

Neste sentido, o parlamentario do BNG pregúntalle á Consellaría de Educación polas medidas que ten pensado adoptar en defensa das tres unidades públicas de ensino infantil actualmente ameazadas de peche en Marín.