30 junio 2009

Casi 5.500 aspirantes en las oposiciones a 740 plazas de Primaria

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O pasado venres 5.458 opositores realizaron as probas para optar as 740 prazas como profesores de Primaria, convocadas pola consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dos 5755 matriculados, só 297 decidiron non asistir os exames que se realizaron en seis centros distribuídos por Galicia. A convocatoria máis numerosa foi a de Educación Infantil a que se presentaron 2.035 estudantes que optan a ocupar os 260 postos dispoñibles. Tras eles as máis demandadas foron as de Educación Primaria con 1.007 aspirantes para 100 vacantes.

Educación especial- pedagoxía terapéutica foi outra das opcións máis interesantes para a que realizaron a proba 650 opositores, para 60 prazas. Mentres que 545 trataran de lograr un dos 75 postos de Educación Física.

Os futuros 100 mestres de inglés saldrán entre 412 aspirantes, mentres que as 30 prazas de francés só foron demandadas por 84 persoas. As 55 prazas valeiras en Educación Especial, Audición e Linguaxe serán para os mellores de 376 e 349 persoas optarán as Música.

Por provincias, onde máis candidatos se presentaron foi en A Coruña con 2.316 opositores, seguida por Pontevedra con 1.531. Na provincia de Lugo examináronse 748 e en Ourense foron 863 persoas.

Para a proba de nivel de galego, realizada o martes, 23 de xuño, 14 das 35 persoas matriculadas superaron o exame.

Cumpre salientar que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad convocou novas oposicións só un ano despois de que se cubriran duas mil prazas. Os novos postos saen de 400 xubilacións previstas, 283 correspóndense a prazas cubertos con interinos, dos que actualmente existen 641 no corpo de mestres. As 57 restantes son de nova creación.