29 junio 2009

Subvenciones para entes locales destinados a la Juventud

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Consellería de Traballo e Benestar destina 1,2 millóns de euros para subvencións destinadas aos concellos que poñan en marcha actividades dirixidas á xuventude. O obxectivo do departamento é promover a “participación efectiva” dos mozos nos diferentes ámbitos da sociedade, facilitando a súa integración social e laboral e o acceso a unha información axeitada “en igualdade de oportunidades” en todo o territorio galego.

As axudas, que poderán solicitar os concellos, agrupacións de concellos e mancomunidades, están dirixidas a actividades para a promoción da información xuvenil, a potenciación do asociacionismo e a utilización das novas tecnoloxías. As entidades locais deberán participar no financiamento cun mínimo do 25 por cento do orzamento total.

Así, serán obxecto do axuda, por exemplo, os custos que se derivan do “normal funcionamento” dos servizos municipais de información xuvenil, así como outras actividades formativas e educativas ou programas de información e asesoramento. Tamén se financiarán aqueles programas que fomenten a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías e ao asociacionismo.

Á hora de conceder as subvencións, terá “carácter prioritario” o bo resultado e a incidencia positiva das oficinas municipais de xuventude, así como o carácter innovador e a aplicabilidade das actividades propostas. Tamén se valorará o número de beneficiarios potenciais e a pertenza a zonas do medio rural.