24 junio 2009

Hernández recuerda a Blanco que tiene una oportunidad de oro para quedar bien con Galicia, al fin y al cabo su tierra...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura, Agustín Hernández, lembroulle hoxe ao ministro de Fomento, José Blanco, que ten a oportunidade de facer xustiza e contribuír a que Galicia deixe de ser a terra onde “todo é porvir e non chega”, en referencia ás infraestruturas ferroviarias e de vertebración interior da comunidade galega. Hernández fixo estas declaracións na súa intervención na Cámara Alta no seno da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas.

O conselleiro desgranou as prioridades que ten Galicia en materia de infraestruturas. Tras o revulsivo que supuxo a posta en marcha do Plan Galicia, en 2003 e o compromiso alcanzado no ano 2004 no Congreso dos Deputados, no que xa se demandaba un incremento das dotacións orzamentarias previstas e a mellora dos prazos de execución, a realidade é que, “a pesar de ter pasado 5 anos, as cousas non cambiaron, senón que empeoraron, xa que os prazos cos que se traballa son agora imposibles de cumprir”.

Novo impulso
Para a Xunta, Galicia necesita un novo impulso nas súas comunicacións, sobre todo, no referente á comunicación ferroviaria, xa que o camiño de ferro galego segue mantendo importantes carencias en trazados, material rodante e tempos de viaxe, que o afastan como medio de transporte alternativo e eficaz, limitando a súa potencialidade competitiva con outros medios de transporte.

Para Hernández, “o Ministerio de Fomento ten importantes actuacións en marcha, pero o ritmo na súa execución desvirtúa os seus efectos beneficiosos para o desenvolvemento económico e social, e distancia notablemente as posibilidades de converxencia de Galicia”.

O conselleiro lembrou tamén que, aínda que fai un ano se prometese a creación dunha Subcomisión de Seguimento das Infraestruturas do Estado en Galicia, no seno da Comisión Bilateral de Cooperación, a día de hoxe tampouco se constituíu formalmente, polo que avogou pola súa posta en marcha inmediata.

“Todas estas circunstancias, resaltou Agustín Hernández, son as que motivan dende a Xunta de Galicia se trate de atopar e formalizar un acordo, que se centre de maneira primordial na rede ferroviaria de alta velocidade, xa que o desenvolvemento actual das obras levaríanos a conectarnos coa rede española e europea cun notable retraso respecto á inmensa maioría das outras Comunidades autónomas”.

Impulso das actuacións
Por todo isto, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas insistiu na necesidade de acadar un impulso das actuacións en marcha, o establecemento dun novo horizonte realista e ambicioso, así como o compromiso orzamentario necesario por parte de Fomento, para a posta en marcha no servizo do AVE e das autovías pendentes nos prazos mínimos que a técnica actual permita.



Infraestruturas Ferroviarias Pendentes


ACTUACIÓN

AVE A Coruña- Santiago de Compostela (Eixe Atlántico)
AVE Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo (Eixe Atlántico)
AVE Santiago de Compostela-Ourense
AVE Ourense-Lubián
AVE Vigo-Ourense (por Cerdedo)
AVE Ourense-Lugo
AVE Ferrol-A Coruña
AVE Lugo-A Coruña
AVE Vigo-Frontera portuguesa
AVE Transcantábrico
AVE Ponferrada-Monforte de Lemos
Accesos ferroviarios aos Portos Exteriores (rede convencional)


O máximo responsable do medio ambiente galego tamén se referiu ao número de infraestruturas viarias que o Goberno central ten sen rematar en Galicia. Hernández remarcou que a Xunta ten un interese especial, compartido polo Parlamento de Galicia, sobre a transferencia da titularidade das autopistas AP-9, do Atlántico e AP-53, Santiago-Dozón.







Autovías Pendentes


ACTUACIÓN

Autovía do Cantábrico
Autovía Lugo-Ourense
Autovía Lugo-Santiago de Compostela
Autovía A-57 (Pontevedra-A-52) con ramal a Vigo
Autovía Chantada-Monforte de Lemos
Autovía Ourense-Ponferrada
Autovía San Cibrao Barreiros
Acceso Porto Exterior A Coruña

Por último, o conselleiro de Medio Ambiente ofreceu a colaboración total entre as dúas administracións para que as comunicacións modernas e eficaces sexan o máis pronto posible unha realidade para Galicia.