29 junio 2009

El diputado Vieites acusa a la Xunta de ponerse de parte de los patronos en el conflicto del Metal

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz do BNG en materia de
emprego no Parlamento Galego, Enrique Vieitez, acusou hoxe ao Goberno do
PP, e en concreto á Conselleira de Traballo e Benestar, de “poñerse de parte
dos empresarios” no conflito do metal e de “non estar á altura das
circunstancias”.
Viéitez asegurou este medidía en rolda de prensa en Santiago de Compostela
que as declaracións da Conselleira de Traballo e Benestar publicadas este fin de
semana en varios xornais galegos nas que lles advertía aos traballadores que
se non volvían aos seus postos de traballo irían á rúa e lamentándose pola
situación persoal do multimillonario galego Manuel Jove debido ao conflito de
Caramelo “son imprensentábeis”.
“O Goberno do PP está a tomar parte no conflito laboral do metal a favor dos
empresarios. Pedímoslle á Xunta de Galiza que estea á altura das
circunstancias, que non o está, e que intermedie entre as partes para que haxa
acordo”, asegurou o deputado do BNG.
Descoordinación entre Núñez Feijóo e a conselleira
Ademais, criticou a “descoodinación e constradiccións” existentes entre o que
afirma a conselleira de Traballo e Benestar “que se mostra contraria a que a
Administración interveña de xeito directo na negociación entre empresarios e
traballadores, e o que asegura Núñez Feijóo, que plantea que as partes se
sometan á arbitraxe da administración”.
“Todo isto -engadiu- demostra tamén as contradiccións do modelo de
superdelegados territoriais do Goberno do PP, que na práctica son comisarios
políticos e que non serven para resolver os problemas, como vemos no caso de
Vigo”.
“A Xunta está ausente. Houbo responsábeis de Traballo de anteriores
Gobernos, incluso do PP, que non se levantaron da mesa até conseguir
un acordo”
Henrique Vieítez lembrou que “anteriores Gobernos, mesmo do PP, si
interviñeron directamente nos conflitos laborais e non se levantaron da mesa
de negociación, moitas veces sen durmir, até acadar acordos”.
Por iso, o deputado nacionalista demandoulle á conselleira de Traballo que
“interveña de xeito directo, respetando a autonomía das partes, sen tomar
partido, e que non só lance unha proposta e despois se levante da mesa,
senón que tome como prioridade conseguir que haxa un acordo”.
“Hai traballadores foráneos aos que se lle está a pagar menos da
metade do que marca o convenio”
Por último, o parlamentario do BNG criticou que “a grande preocupación da
conselleira non sexa conseguir un acordo, senón que se demostre quen está
detrás dos actos vandálicos”, arroxando unha sombra de sospeita sobre os
traballadores, “que son os máis interesados en que se aclaren, porque confían
na forza dos seus argumentos e das súas razóns”.
Fronte ao tratamento do conflito do metal como un problema de orde público,
Henrique Viéitez subliñou que as reivindicacións dos traballadores do metal
“non só son de incremento salarial, porque entenden que eles non son os que
teñen que pagar as consecuencias da crise”, senón tamén de que se elimine a
contratación ilegal de traballadores foráneos por parte dos empresarios, o que
está a botar abaixo os salarios.
A este respeito, denunciou que “hai moitos traballadores foráneos aos que as
empresas impóñenlles traballar pola metade do que figura no convenio
colectivo, e se reclaman bótanos á rúa”.
Henrique Viéitez cualificou estas prácticas de “trata de traballadores en pleno
século XXI”.