26 junio 2009

El Bloque culpa al PP del retraso del AVE cuando la llave del asunto la tiene el PSOE...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirnou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo pón a Galiza na “segunda división” ao falar da chegada do AVE no 2015 e sen contar cun financiamento claro, en resposta ás preguntas dos xornalistas sobre a xuntanza mantida onte polo presidente da Xunta e o ministro de Fomento. “Non sei que festa se montou porque os dous saíron encantados, e a única conclusión é o retraso do AVE”, sinalou.

“Imaxinan a Touriño ou a Quintana dándolle a man a Magdalena Álvarez dicindo que o AVE chegaría no 2015”, preguntábase o tenente de alcade. Neste sentido Santi Domínguez lembraba como hai uns meses o anterior goberno da Xunta reclamaba ao goberno central o cumprimento dos prazos da chegada do AVE e sin embargo, ao seu xuízo “agora Núñez Feijoo acaba de tragar co 2015”.

O tenente de alcalde destacou ademais que nestes momentos se plantea unha “dúbida moi seria sobre o financiamento”, porque segundo explicou, cando se fala de financiamento privado se quere dicir que os prazos están supeditados á vontade privada. “O PP se ve no 2015 sen financiamento claro e poñendo cartos”, indicou. A este respecto subliñou que Núñez Feijoo pón a Galiza na segunda división, xunto a Asturias e Castela- León que é coas que agora quere alcanzar acordos, en lugar das nacionalidades históricas como Cataluña e País Vasco. “E nós apostamos por un Vigo e unha Galiza de champions”, salientou.