27 junio 2009

Mato va a dorar la píldora al baño de masas de O Carballiño pero los viejos dependientes siguen tirados sin ayudas...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe o papel dos maiores como o “piar básico” da sociedade. Así o destacou na XXXI edición da Xuntanza de Maiores do Carballiño, á que asistiron máis de 20.000 persoas e que contou coa presenza de numerosas autoridades, entre elas o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Mato agradeceu o traballo da corporación local do Carballiño para que este “día de ledicia e celebración” fose un “grande éxito”. Durante as súas palabras, e ante os asistentes, a titular do departamento autonómico recordou o compromiso da Xunta cos maiores, porque a sociedade galega “está en débeda” con eles. “Sodes o noso pasado, o noso presente e tamén tedes que ser o noso futuro”, asegurou a conselleira, que sinalou tamén que “o benestar do que hoxe disfrutamos os galegos e as galegas é froito do esforzo e a entrega de moitos anos de traballo”.

Por todo isto, insistiu en que o Goberno galego traballará con “sensibilidade especial” neste eido, para levar a cabo unha política con “dous principios irrenunciables”: a xeneralización na atención aos maiores e a calidade na prestación dos servizos. Para conseguilo, citou, entre outros retos, o incremento das ratios de atención residencial, o reforzo dos servizos de proximidade e a implantación de centros de día nos concellos de máis de 1.500 habitantes.

En definitiva, Mato aseverou que o Goberno galego promoverá “máis oportunidades” para os maiores en todos os ámbitos (laboral, familiar, formativo e social) con fin de que Galicia sexa “unha sociedade para todas as idades”, onde as persoas maiores sexan “suxeitos activos”.

No que respecta á Xuntanza de Maiores, a conselleira lembrou que hai xa 31 anos que comezou esta festa. Nesta edición, participaron preto de 20.000 persoas. Ademais, ante a grande afluencia, confeccionouse un Plan de Autoprotección que avaliou os riscos e coordinou ás máis de 130 persoas do operativo formado por Protección Civil, Garda Civil, Policía Autonómica, Cruz Vermella, Policía Local e o 061.