29 junio 2009

Prolongarán la autovía de O Salnés hasta A Lanzada

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicou, por un importe de 229.954 euros, a redacción do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental do desdobramento da Vía de Alta Capacidade do Salnés (VG-4) ata a Lanzada. Con esta actuación prolongase a actual autovía do Salnés ata O Grove.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o contrato de servizo para este proxecto viario, que resultou adxudicado á empresa Eptisa, Servizos de Ingeniería, S.A. O desdobramento suporá un investimento de 20 millóns de euros, e afectará aos 9 quilómetros entre Sanxenxo e a Lanzada, que pasará a ter sección de autovía.

Á hora de redactar o proxecto deberá terse en conta o especial valor ecolóxico da zona, xa que se atopa no ámbito de protección da Rede Natura 2000. Tamén incluirase o tramo de 200 metros entre o final da actual vía rápida e o treito en catro carrís da PO-316. A lonxitude poderá incrementarse cos ramais de conexión, que deberán definirse do estudo.

A empresa dispón dun prazo de 18 meses para presentar o proxecto, dos cales 12 son para redactar o proxecto, 3 para someter o documento a información pública e outros tres para ás análises de alegacións e proposta de aprobación.