20 agosto 2009

Galicia mantiene el ráting "AA"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A axencia de calificación estadounidense Standard & Poor’s confirmou a calificación do ráting da Comunidade galega situado en ‘AA’. Así, segundo destaca o informe, o feito de que Galicia manteña o seu nivel de ráting é debido, por unha banda, a que a Comunidade segue mantendo un nivel de endebedamento moderado; e pola outra, a que conta con un sector público reducido en comparación con outras Comunidades Autónomas. Deste xeito, Galicia mantén unha boa posición se a comparamos co resto de España, posto que das Comunidades Autónomas calificadas por S&P, a rexión galega sitúase só por detrás de Madrid e Aragón.

Cabe destacar tamén, que segundo os datos que se desprenden do último informe de Standard & Poor’s, Galicia está a resistir mellor a crise que o resto do Estado no seu conxunto, posto que a axencia ven de rebaixar o ráting de España a longo prazo así como o da maioría das CCAA de réxime común, e sen dúbida, para a Consellería de Facenda é unha boa nova que esta tendencia non se trasladara á nosa rexión.