24 agosto 2009

EL PP arranca su inicio de curso político con un mitin en Soutomaior

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Os populares galegos celebrarán o inicio oficial do curso político o vindeiro sábado 29 de agosto nun acto no castelo de Soutomaior, no municipio pontevedrés que leva o mesmo nome. O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, e o presidente do PP galego e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clausurarán o evento.

O acto, ao que asistirán as xuntas directivas rexional e provinciais, dará comezo ás 11,45 da mañá e contará coa intervención do alcalde da localidade pontevedresa, Agustín Reguera, así coma do presidente do PP pontevedrés e da Deputación provincial, Rafael Louzán.

Esta é a cuarta vez que o presidente dos populares, Mariano Rajoy, clausura a inauguración oficial do curso político xunto a Alberto Núñez Feijóo, quen este ano o fará por primeira vez coma presidente da Xunta de Galicia.