20 agosto 2009

27 millones adicionales para mejorar carreteras gallegas desde la Xunta

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xestionará ao longo do presente ano un orzamento adicional de 27 millóns de euros para a activación do Plan extraordinario de mellora de seguridade vial nas estradas galegas. Este proxecto do departamento que dirixe Agustín Hernández financiarase con fondos procedentes do Plan de Choque Fronte a Crise que elaborou a Xunta de Galicia, e que, neste caso concreto, implicará a realización de obras de seguridade vial e de mellora na infraestruturas galegas. O Plan anti-crise mobilizará no seu conxunto uns recursos orzamentarios que ascende a 1.300 millóns de euros para o presente semestre do ano, nos que se inclúen os 144 millóns de euros do Plan de Austeridade.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou esta mañá en rolda de prensa as 150 novas actuacións máis inmediatas do seu departamento, que se levarán a cabo cos fondos procedentes do plan do Goberno actual para facer fronte á situación actual, e que conlevarán a creación de preto de 1.000 postos de traballo. Hernández explicou que dende o mes de abril se teñen identificadas as necesidades viarias e se redactaron a maior parte dos proxectos técnicos necesarios para levar a cabo as actuacións. Segundo apuntou o máximo mandatario en infraestruturas da Xunta de Galicia no mes de outubro todas as obras estarán en execución e rematadas na súa integrada no presente ano.

O Plan extraordinario de mellora de seguridade vial nas estradas de Galicia, que impulsa o departamento de Agustín Hernández, implicará o estendido de 178.000 toneladas de aglomerado (mixtura bituminosa), actuación que posibilitará a mellora do firme en 385 quilómetros de estradas. Indicou que se pintarán máis de 650 quilómetros de viais e que se instalarán preto de 2.300 sinais de tráfico. Os traballos financiados con este fondo implicarán a realización de 535 abatementos de barreira de seguridade e a limpeza de case 480 quilómetros de cunetas.