27 agosto 2009

Jóvenes europeos en Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Deputado de Proxectos Europeos da Deputación de Pontevedra, Carlos Silva, recibiu hoxe a máis de vinte rapaces procedentes de varios países de Europa, como parte do programa “Let’s Integrate Through Sports” da Deputación e o Instituto da Xuventude, intercambio multilateral para mozos e mozas, que se sitúa dentro do marco da Acción 1.1 do programa “Xuventude en Acción” da Unión Europea.
Neste proxecto participan un total de 30 persoas de 5 países diferentes: Letonia, Polonia, Eslovaquia, Turquía e España. O encontro durará 7 días (do 27 de agosto ó 2 de setembro) e nel participarán 6 mozos de cada país de entre 18 e 30 anos.
Por outra banda do 7 o 10 deste mes tivo lugar unha visita previa dos líderes representantes de cada un dos países invitados para fixar o cronograma de actividades, redactar un código de boas condutas e coñecer un pouco mellor a provincia de Pontevedra.
O organismo provincial participa cun cofinanciamento de 7.500 euros en especies, procedentes do aluguer de instalacións, aloxamentos e manutención dos participantes en pensión completa na Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Os obxectivos deste programa son promover a cidadanía activa e fomentar a solidariedade e a tolerancia entre os mozos; así como favorecer o entendemento mutuo entre eles e a cooperación europea no ámbito da xuventude. Todo elo potenciando a educación a través do deporte e as actividades ó aire libre.
No cronograma previsto se desenvolverán actividades do máis diverso: talleres, actividades multiculturales, rutas de sendeirismo, vela, piragüismo, paintball, xogos por equipos, etc. Os rapaces tamén visitarán diferentes puntos da provincia como A Lanzada, O Grove, Moraña, Barro, Marín, Ribadumia, as Illas Cíes , Soutomaior e, como non, a cidade de Pontevedra.