26 agosto 2009

Más obras en A Guarda

A Guarda (MORRAZO-TRIBUNA).- En breves datas iniciaranse as obras de Saneamento e Abastecemento de Auga en Costa dos Soldados e Forno do Duque, no Concello de A Guarda.
Esta obra que conta cun orzamento de 191.395,4 euros foi adxudicada definitivamente á empresa Hidromiño e vai ser financiada integramente por Augas de Galicia.

Dende a Concellería de Vías e Obras dáselle moitísima importancia a esta actuación posto que ven a darlle solución a dúas zonas do Concello onde non contaban con estes servicios; no caso da Costa dos Soldados non ten saneamento e no Forno do Duque o problema estriba sobre todo na carencia de abastecemento de auga.

"Pouco a pouco seguimos avanzando no obxectivo, salvo vivendas illadas, de dotar destes servicios básicos ó cen por cen da poboación", referiu o concelleiro Español.

AVISO
Dende o Concello da Guarda, infórmase que o mercadillo da Alameda se traslada para a Rúa Coruña (detás do Antigo Campo de Fútbol), a partir do vindeiro sábado 29 de Agosto, polas obras que se están realizando na mesma.