31 agosto 2009

MOS : Costoias acolleu onte a máis de 700 persoas na súa XIX Festa da Terceira Idade

MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- Esta celebración, que conta con case dúas décadas de vida, é toda unha tradición no Concello de Mos. A concellería de Benestar Social mosense que dirixe a edil Ana Mª Rodíguez Cabaleiro organizou a XIX Festa da Terceira Idade que tivo lugar onte domingo en Costoias, parroquia de Tameiga. Ó evento acudiron, ademais da citada concelleira e da Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia para Vigo e comarca, Lucía Molares.

Á celebración, que contou con actos a partires das 12.00 horas, intre no que se oficiou unha Misa na Capela de Pena de Francia, asistiron máis de 700 persoas, entre maiores mosenses e familiares seus.

Ás 13.00 horas comenzou un concerto da Banda de Música de Torroso, tras o que se serviron os aperitivos, a cuia degustación procedeuse ás 14.00 horas. A entrega de agasallos ós matrimonios que este ano cumpren 50 anos de casados empezou ás 16.00 horas, e dende as 16.30 horas houbo baile amenizado musicalmente polo trío Lunas.

Éxito rotundo

A concelleira Ana Rodríguez falou hoxe da “boísima” acollida desta décimo novena edición da Festa da Terceira Idade, explicando que “é todo un éxito o feito de que onte en Costoias se reunisen máis de 700 persoas nunha actividade lúdica para os maiores do noso municipio”. Rodríguez Cabaleiro fixo fincapé nas súas declaracións en que “tras a gran afluencia de público rexistrada onte, esta festividade, que xa era unha tradición no Concello de Mos, pasará a ser o vindeiro ano, se cabe, máis esperada polos seus protagonistas, os maiores mosenses, e máis coñecida en municipios veciños”. Ademais, a edil responsable desta iniciativa destacou coma o momento máis emotivo da xornada de onte, a homenaxe que se lles fixo ós matrimonios residentes na localidade que celebran este ano as súas vodas de ouro.