31 agosto 2009

Medio Rural dice que no hay trampa con las uvas que emplean las denominaciones de origen gallegas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, puxo en marcha os servizos de Control de Calidade Agroalimentaria e Industrias co obxectivo, primordial, de garantir o cumprimento dos regulamentos comunitarios sobre a circulación dos produtos vitivinícolas. Estes controis contan coa colaboración da Policía Autonómica e da Garda Civil, que se encargan de vixiar o transporte e, como consecuencia, o tránsito das partidas de uva de vinificación procedentes das zonas vitícolas galegas e as procedentes doutras comunidades autónomas.

O que se pretende conseguir con estas medidas é protexer a produción galega de calidade no sector vinícola, garantindo a súa autenticidade e calidade, e impedir a entrada de uva foránea que poida repercutir de forma negativa nas producións amparadas polos cinco Consellos Reguladores (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) e polos Viños da Terra que se atopan regulados na comunidade galega (Val do Miño-Ourense, Viños da Terra de Betanzos e Viño da Terra do Barbanza e Iria).

Requisitos
Para poder comercializar a uva de vinificación, tanto como se procede das comarcas vitícolas galegas coma se procede doutras comunidades, Medio Rural informa aos operadores comerciais de que hai que cumprir unha serie de requisitos necesarios para a súa concesión.

Por unha parte, hai que contar cos requisitos legais establecidos para a realización da actividade de almacenaxe e venta de uva de vinificación; e, por outra banda, é de necesario cumprimento estar autorizados polo Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias, das distintas Xefaturas Territoriais da propia Consellería, para poder validar os documentos de acompañamento para o transporte desta uva. Os documentos necesarios para conseguir esta acreditación son a instancia segundo o modelo entregado polos Servizos de IPA, a fotocopia do NIF/CIF e a fotocopia da Licenza fiscal para a actividade, que serán todos eles entregados nos Servizos de CCAI (Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias)

Os Servizos de Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias Agrarias, das respectivas Xefaturas Territoriais provinciais, póñense ao servizo da comunidade e dos propios produtores ante calquera dúbida ou petición para facilitar o proceso.