27 agosto 2009

Participa no casting da curtametraxe “Berberecho II” que se vai a filmar na Guarda

A Guarda (MORRAZO-TRIBUNA).- Os vindeiros días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro vai ter lugar no Miño a filmación dunha curtametraxe que se titula “Berberecho II”. O filme esta dirixido polo galego José Manuel Bazarra “Sepi” e contará unha historia que desenvolve en boa parte durante a travesía do transbordador entre A Guarda e Caminha: o Santa Rita de Cassia.
Para a rodaxe prescisase de figuración que complemente a narración do filme polo que a equipa técnica da curtametraxe vai realizar un casting a vindeiro luns (31 de setembro) nunha dependencia da Casa Cultural da Guarda a primeira pola tarde (17h00).
Para o casting terase en conta toda a xente que poda estar dispoñíbeis para a rodaxe mas hai unha serie de figurantes que teán maior prioridade. Estes son os que se adapten as seguintes descricións:

Figurción xeral
-40 figurantes entre 15 e 60 anos (3, 5 deles que sepan conducir).

Figuración especial
1 mozo (18 anos) com mochila
5 veraneantes (con aspectos de ingleses ou alemáns) (15 a 60 anos)
2 mozos com camisolas manchadas de vinho
1 vendedor de billetes de ferry (40 anos)
1 revisor - homem com pucha de marinheiro (60 anos)
1 parella de moços tunning (18 e 22 anos).
1 parella de moços dándo-se bicos (30 anos)
1 home gordo (40 anos)
familia: 1 home (40 anos), Muller guapa (40 anos), Nena guapa (6 anos).
2 rapaces mormóns-evanxelistas (18 a 22 anos)

Se tes paciencia e queres participar non o dubides! Ven a coñecer o primeiro filme que se vai filmar no medio do río Miño! Ven a coñecer como se fai un filme! Coñece a actividade cultural máis transfronteiriza posíbel porque acontece xusto no medio do río!