26 agosto 2009

Deputaciòn aporta furgoneta al Club de Remo de Chapela

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A deputada provincial, Francisca Canal, anunciou hoxe que a Deputación concederá un vehículo adaptado ó Club de Remo de Chapela grazas o convenio asinado coa entidade deportiva redondelá, que posibilitará a adquisición por parte do club dun vehículo adaptado, en concreto, un Citröen Jumper Combi Club 33, con ar acondicionado e portas traseiras.
O custe deste vehículo ascende a 36.235 euros. Deste orzamento, a Deputación asumirá o 23,1%; Caixanova outro 23,1% e a entidade Citroën realizará un desconto no prezo do 30,7% de xeito que, finalmente, o Concello asumirá a contía restante, outro 23%.
Esta acción enmárcase nun plan impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con Caixanova e Citroën que terá por obxecto a concesión de vehículos a 80 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro.

Canal comentou finalmente que esta acción, ademais de satisfacer unha demanda recorrente por parte dos colectivos sociais e deportivos da provincia, tamén contribuírá á reactivación económica de sectores clave na economía provincial como é o da automoción e xerar emprego nestes momentos de crise económica.