24 agosto 2009

Pesca apuesta por ampliar el número de zonas productivas en marisqueo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, indicou hoxe que a potenciación da ameixa está na reordenación dos parques para acadar unha mellora na explotación dos areais en proveito da economía e do contorno.

A titular do Mar sinalou que dende o departamento que dirixe apostarase pola recuperación e ampliación de novas zonas marisqueiras co fin de acadar unha maior eficiencia e produtividade dos esteiros. Reiterou tamén que dende a Consellería se está a traballar a prol da sustentabilidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros e fixo fincapé na necesidade de diferenciar os nosos produtos “porque é o mellor rumbo contra a competencia desleal”.

Neste senso puxo á ameixa de Carril coma un exemplo de marca de calidade do produto. “Cada unha destas perlas arrincadas á area teñen un valor propio engadido por canto supoñen para o noso padal, pero tamén por canto posúen un nome conseguido ano tras ano e día tras día gracias aos sufridos lombos dos mariscadores e mariscadoras e os parquisas” enfatizou a titular do Mar.

Na súa intervención desta mañá no acto inaugural da XVII Festa de Exaltación da Ameixa de Carril Rosa Quintana asegurou tamén que a Xunta de Galicia continuará a traballar por preservar e aumentar a riqueza da ameixa, “achegando melloras á area e ao mercado”. “Para conseguir este obxectivo” -dixo a conselleira- “será necesario acometer retos e labores importantes, e aí a Consellería do Mar non vai a deixar de traballar arreo”.