27 agosto 2009

Automóvil : el conselleiro Guerra saca pecho con el plan re-Móvete

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O Conselleiro de Industria, Javier Guerra fixo hoxe un balance do funcionamento do plan re-Móvete e considerou esta iniciativa como un “magnífico éxito” do departamento que dirixe.

Guerra compareceu ante os medios xunto co director do Igape, Joaquín Varela, o presidente da Federación Gallega de Talleres, Luis Abelleira, e o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia, Emilio López Nieto, uns representantes do sector que teñen considerado esta iniciativa como moi positiva para a dinamización das súas actividades económicas e comerciais,

Dado o éxito deste plan, consensuado con todo o sector, dende a Consellería de Economía e Industria acordouse ampliar a dotación do re-Móvete con 2 millóns de euros máis, un aumento que se fará efectivo de forma “inminente”. Cómpre recordar que o orzamento inicial do plan foi de 6 millóns de euros, unha cantidade que se ten incrementado en 3 ocasións, con 2 millóns de euros cada partida, o que supón que o compromiso económico adquirido por este departamento tense duplicado dende a entrada en vigor do plan, chegando aos 12 millóns de euros.

O conselleiro de Economía e Industria valorou a eficacia na xestión do plan que ten demostrado o Igape, onde as solicitudes se están a tramitar cunha media de espera de tres días, sendo a porcentaxe de solicitudes autorizadas do 90%. O número solicitudes ascende a 12.708€, a axuda solicitada a 8.922.100 € e o prezo ventas xerado polo re-Móvete supón xa uns 209.028.873,48 €.

Ademais, cómpre destacar que a axuda media concedida polo plan re-Móvete é de 702 €, por vehículo comprometido á venta, mentres que as achegadas do Plan E son de 500 €, por vehículo xa matriculado, o que significa que o apoio da Xunta supera nun 40% ao outorgado polo estado para a compra e substitución que vehículos.

De feito, este plan tense traducido nun aumento considerable das matriculacións na nosa comunidade que nos 15 primeiros días de agosto de 2009 aumentaron nun 21,6%, con respecto ao mesmo período do ano anterior, e en concreto no caso das furgonetas incrementouse nun 18,75% a porcentaxe de matriculación neste mes, comparado con agosto de 2008.

Para concluír Guerra recordou que o gran esforzo que se está a facer dende Consellería de Economía e Industria para apoiar ao sector do automóbil, considerado como estratéxico dentro da economía galega e asegurou que a constante da xestión da súa Consellería continuará a basearse no consenso con cada un dos sectores dos que se ocupa.