27 agosto 2009

Sigue la polémica en MOS por el fallido servicio de transporte entre parroquias

MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- O director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Miguel Rodríguez Bugarín, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mantivo na tarde de onte cunha nutrida representación de veciños de Mos para explicarlles que o servizo de transporte público de viaxeiros que se puxo en marcha no mes de novembro do pasado ano entre diversas parroquias e Vigo realizouse sen contar coa tramitación correspondente e sen as autorizacións oportunas.

O responsable de Transportes da Xunta insistiu en que na Dirección Xeral de Mobilidade non existe documentación ningunha sobre a existencia dun servizo autorizado de transporte público de viaxeiros entre os concellos de Mos e Vigo. Pola contra, si se ten constancia dunha denuncia formulada por parte dun operador, por considerar os seus intereses lesionados.

Non obstante, e a pesares de non contar con respaldo legal de ningún tipo, a anterior Xunta manifestou nos medios de comunicación, que dito servizo consistía nunha experiencia piloto co obxectivo de mellorar a mobilidade entre os núcleos de poboación do termo municipal de Mos, así como as conexións coa cidade de Vigo.

Opción de futuro
Rodríguez Bugarín asegurou que a Xunta de Galicia está a traballar para garantir a mobilidade dos veciños de Mos, pero calquera alternativa que se plantexe ten que estar respaldada sempre pola legalidade, algo que non se produce no caso do servizo citado. Sexa cal fora a solución que se determine, estes servizos quedarán integrados na futura Rede de Transporte Metropolitano da área de Vigo.