31 agosto 2009

Canto de Feijóo al Viño do Condado

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Alberto Núñez Feijóo expresou onte en Salvattera do Miño o compromiso do Goberno galego de continuar defendendo o viño do Condado, que se volvía “amosar ao mundo cincuenta anos despois” na celebración da cincuenta edición da Festa do Viño de Salvaterra do Miño. “Non teñades dúbida de que sempre atoparedes na Xunta un fiel colaborador para implantar o enoturismo como alternativa para a dinamización turística e económica desta zona”, resaltou Feijóo.

O titular da Xunta, que foi investido confrade de honra do viño da Festa do Viño de Salvaterra, avogou por aproveitar este evento para da ra coñecer a marca do Condado e os extraordinarios coidados cos que se realizan estes caldos. Segundo dixo, a “materia prima e o persoal humano de excepción que imprime identidade propia a esta festa” fan tamén do carácter local o “principal valedor para dar imaxe e prestixio a Salvaterra e, por tanto, a Galicia, no mundo enteiro”.

Na súa intervención, o titular do Executivo autonómico destacou a importancia de comprender que “o importante no mundo do viño non se reduce exclusivamente a producir, senón tamén a saber vender”, tendo en conta que a eclosión do mundo vitivinícola é “un fenómeno cultural moi específico, no que importa máis a calidade que a cantidade”.

Feijóo expresou o seu convencemento de que Salvaterra do Miño conta coa “capacidade plena para competir nese escenario”, tanto pola singularidade da comarca como zona privilexiada para o cultivo, como “polo bo facer de bodegueiros e viticultores, que contan ademais cun carácter innovador e imaxinativo”, así como por posuír unha “experiencia dificilmente comparable, como demostra este escaparate que hoxe cumpre cincuenta anos.