31 agosto 2009

Mejoras en los Juzgados de Paz gallegos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, no marco do Plan de Medidas Urxentes da Informatización da Xustiza, está a completar a implantación do sistema informático “Rexistro Civil en Liña” nos xulgados de paz nos concellos incluídos nunha primeira fase.

Así, dos 74 concellos afectados por esta primeira fase do plan, 64 xa teñen acceso informático a INFOREG. Destes 64, 42 xa o están utilizando como ferramenta básica, mentres que os outros 22 comezarán a facelo nos próximos días. Dos 10 que aínda non teñen o acceso, 5 deles xa recibiron os cursos de formación necesarios para preparar ao persoal no uso da aplicación, e se espera que o total dos dez rematen a fase de implantación no mes de setembro. Ademais, nunha segunda fase que se desenvolverá durante o último trimestre do ano, ampliarase esta actuación a outros 196 concellos.

A extensión do uso de INFOREG ven determinada polo convenio asinado en maio de 2006 entre a empresa estatal Red.es (Ministerio de Industria), a Subdirección General de Nuevas Tecnologías para la Justicia (Ministerio de Justicia) e as comunidades autónomas. Ese convenio daba pé a un plan de colaboración denominado “Registro Civil en Línea”, que se marcou como meta completar a informatización dos rexistros civís e xulgados de paz (órganos de apoio dos rexistros civís municipais).

Deste xeito, o Goberno galego, ao tempo que desenvolve este convenio, satisfai as necesidades dos cidadáns na sociedade actual ao incorporar as tecnoloxías da información e da comunicación aos rexistros civís. Esta meta, que arrancou no ano 1999 coa aprobación da Orden do Ministerio de Justicia de 19 de xullo sobre Informatización dos Rexistros Civís, plasmouse logo na devandita aplicación INFOREG.

Rexistros accesibles

A implantación deste sistema en todos os rexistros civís e xulgados de paz permitirá chegar o obxectivo de dar cumprimento as crecentes expectativas cidadáns, que reclaman maiores niveis de calidade, eficiencia e transparencia na prestación dos servizos públicos, así como a existencia de rexistros que permitan acceder á información dun xeito fácil e rápido, sempre sen esquecer a garantía da protección de datos persoais.

Con este marco de fondo, o propósito do programa é mellorar a accesibilidade dos Rexistros, que ata fai ben pouco facían todas as súas inscricións unicamente de xeito manuscrito. O mantemento de libros rexistrais manuscritos divididos e custodiados por diferentes organismos dificultaba a accesibilidade da información polos usuarios. A implantación de INFOREG e a dixitalización da información rexistral ten como obxectivo final permitir a conexión destes datos, co obxectivo de que unha mesma persoa poda acceder desde o mesmo punto aos datos sobre ela inscritos en seccións diferentes de diversos rexistros civís, evitando o seu desprazamento, reducindo dun xeito sensible os prazos de tramitación e aumentando a eficacia e transparencia da administración na prestación dos servizos públicos.

Parte do Plan Avanza

Esta actuación englóbase dentro do Plan Avanza, que persegue lograr un correcto desenvolvemento das novas tecnoloxías na sociedade, acadando a implicación dos cidadáns no uso das mesmas dado o seu carácter de factor xerador de novas capacidades, de emprego e desenvolvemento. Neste sentido, a aplicación do programa INFOREG diríxese a mellorar a interacción dos servizos públicos cos cidadáns incorporando as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), co fin de mellorar os servizos públicos.

Lista de concellos

Dos concellos coa instalación de INFOREG no xulgado de paz rematada, 33 pertencen á provincia da Coruña, 18 á de Pontevedra, 9 á de Lugo e 4 á de Ourense.

A Coruña

Pontevedra

Ames

Baiona

Arteixo

Bueu

A Baña

A Cañiza

Bergondo

Forcarei

Boiro

A Guarda

Brión

Gondomar

Cabana de Bergantiños

O Grove

Camariñas

Meaño

Cambre

Moaña

Carnota

Mondariz

Cee

Mos

Culleredo

Nigrán

Fene

Poio

A Laracha

Pontecaldelas

Malpica

Salceda de Caselas

Mazaricos

Sanxenxo

Melide

Tomiño

Narón

Vila de Cruces

Outes

Lugo

O Pino

Begonte

Pobra do Caramiñal

Burela

Ponteceso

Cospeito

Pontedeume

Foz

As Pontes

Guitiriz

Porto do Son

Monterroso

Rianxo

Quiroga

Sada

Ribadeo

Santa Comba

O Saviñao

Teo

Ourense

Val do Dubra

Allariz

Valdoviño

Barbadás

Vimianzo

Pereiro de Aguiar

Zas

Viana do Bolo