19 agosto 2009

Los nuevos rectores de IGUALDADE anuncian planes de acción desde la Xunta

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Secretaría Xeral da Igualdade, que dirixe Marta González, inicia un amplo programa de actividades destinado a fomentar as actividades as asociacións e federacións de mulleres galegas, apoiando a súa programación de actuacións, moi especialmente no ámbito rural. Este programa ten como obxectivo potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social galega.
Serán 231 o número da asociacións que van participar no programa.
O programa estrutúrase en varios obradoiros con temáticas diversas, que de xeito sinxelo e ameno, faciliten a adquisición das aptitudes e destrezas necesarias para un mellor desenvolvemento na sociedade actual.
Haberá obradoiros optativos sobre saúde e muller que procurarán que as participantes aprendan hábitos e actitudes saudables. Outro dos obradoiros ofertados versa sobre a iniciación do corpo na práctica deportiva, motivando ás mulleres na importancia da práctica do deporte de xeito habitual.
O programa inclúe un taller sobre a contribución das mulleres galegas á sociedade ao longo da historia, e un obradoiro literario, dirixido a formar ás mulleres que teñen a inquedanza de iniciarse como escritoras, e no que se fará un percorrido pola historia lembrando a contribución de mulleres galegas a nosa literatura.
Os obradoiros terán unha duración de entre 4 e 10 horas e están abertos a mulleres de todas as idades.