19 agosto 2009

Predican este jueves sobre recogida selectiva en la playa de Patos (Nigrán)

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A praia de Patos na localidade pontevedresa de Nigrán acolle mañá xoves, día 20, unha nova xornada lúdico-informativa sobre a implantación da recollida selectiva nas praias galegas. Este evento inclúese nunha campaña que esta desenvolver a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que realiza coa colaboración da empresa Ecoembes en 149 praias distribuídas en 72 concellos, das que 34 son fluviais.

Estas accións lúdico-informativas son unha actuación de información activa sobre a recollida selectiva dos residuos urbanos nos propios areais e zonas de baño. O propósito é ofrecer datos aos nenos e adultos, lembrándolle aos usuarios a existencia de contedores, os residuos que se deben depositar en cada contedor ou a resolución de dúbidas. Os técnicos da campaña tamén pretenden recoller a valoración e receptividade dos usuarios e agasallalos con diverso material promocional.

Cada xornada lúdico-informativa será coordinada por un equipo de 3 monitores en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas, aproximadamente.

Instalacións
A actividade ocupará un espazo máximo de 100 m2 e desenvolverase a partires da instalación dun punto informativo. Estes puntos contarán cunha carpa amarela de 3x3 metros, exemplos de contedores de 120 litros, paneis informativos coa imaxe da campaña, paneis voadores amarelos co lema “Separar para reciclar”, megafonía e material para a dinamización dos xogos.

Os puntos informativos instalaranse, preferentemente, na entrada máis transitada da praia, acordándose previamente con cada concello, a quen se lle solicitará autorización para a ocupación dese espazo e para o uso da megafonía.

Os cativos terán a oportunidade de participar en xogos para a comprensión básica da recollida selectiva, coa intención de espertar do seu interese pola xestión dos residuos domésticos e o coidado das costas e do mar.

As citadas xornadas lúdico-informativas, incluídas no programa de recollida selectiva, tamén buscan o fomento dunha mellor imaxe ambiental dos concellos participantes e, por suposto, da comunidade galega en xeral.

As xornadas continuarán ata o día 28 deste mes, facendo un percorrido por puntos como Sanxenxo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Ourense e Vigo. Mentres que as praias de Barreiros, Ortigueira, Cabanas, Muros, Fisterra e Carnota xa disfrutaron destas actividades.