24 agosto 2009

57 aniversario del Centro Galego en Mar del Plata

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O Centro galego de Mar del Plata vén de homenaxear ao Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, no acto de celebración do seu 57 aniversario. Enrique Labora, presidente do centro foi o encargado de entregar a placa conmemorativa da súa visita e foi quen agradeceu, en nome da entidade, a presenza do Delegado no evento.

Preto de 350 persoas, entre membros do centro, presidentes de diversas entidades de Mar del Plata e autoridades locais, participaron no aniversario celebrado o pasado domingo. Así mesmo, púxose en funcionamento o novo ascensor no edificio, que conta cun total de tres andares.
O Centro Galego de Mar del Plata ten unha grande tradición na cidade da costa atlántica e acolle moitas das actividades e programas que oferta Galicia, especialmente a través da Secretaría Xeral de Emigración. Así mesmo, edita a revista “Galicia en Mar del Plata”, foi promotor do programa de radio “Ventana a Galicia”.

Inicio dos contactos no interior
Con esta viaxe, o Delegado da Xunta de Galicia da comezo á rolda de contactos cos centros galegos e cos cidadáns do interior do país. Segundo está previsto, López Dobarro trazará un calendario de visitas para tentar achegarse a todas as institucións, así como galegos ou os seus descendentes, alí onde se atopen dentro do territorio arxentino, para coñecer de primeira man as súas características e necesidades.