31 agosto 2009

113 heridos en accidentes este fin de semana en Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 113 persoas debido a 84 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15.00 h. do venres, 28 de agosto, ata as 23.59 h. do domingo, 30 de agosto. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 37 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 95 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 84 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atenderon a un total de 113 persoas.

A porcentaxe de homes atendidos foi do 73% e a de mulleres foi do 27% . No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que un 52% dos atendidos ten entre 15 e 34 anos. Por provincias, Pontevedra e A Coruña foron as que rexistraron máis accidentes durante os desprazamentos destas datas, con 32 sinistros respectivamente.

Provincia

Procesos

A Coruña

32

Lugo

12

Ourense

8

Pontevedra

32

Total

84

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 120. Así, as UVI móbiles se mobilizaron en oito ocasións; o helicóptero acudiu a dous sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 95 accidentes; as concertadas en cinco casos; e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061 en caso de necesitarse prestaron asistencia en 10 sinistros.

En 90 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en oito ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria, mentres que 14 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar no incidente sen necesitar traslado, e unha faleceu no lugar do accidente.