26 agosto 2009

Rueda anuncia para este jueves un primer acceso al Plan de Infraestructuras Judiciales

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentará mañá ao Consello da Xunta o borrador do Plan de Infraestructuras Xudiciais 2010-2017, unha ambiciosa planificación que pretende facer fronte ás deficiencias actuais e anticiparse ás necesidades futuras.

O titular de Presidencia xa presentou un avance do plan á Comisión Mixta de Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e, unha vez reciba o visto bo do Consello da Xunta, o borrador será consultado antes da súa aprobación definitiva con todos os axentes do sector, como os representantes dos traballadores da Administración de Xustiza, a Comisión Mixta da Fiscalía e os Colexios de Avogados e de Procuradores.

O plan contempla actuacións de rehabilitación, ampliación ou de nova construcción de edificios xudiciais na comunidade a curto e medio prazo, así como obras de mantemento das infraestructuras actuais e unha partida específica para obras destinadas á implantación da nova oficina xudicial.

Así, acometeranse por unha banda as reformas físicas e ampliacións necesarias en edificios en funcionamento na actualidade e por outra preverase a construcción de novos edificios naqueles casos en que o crecemento da planta xudicial desborde a capacidade física ou onde as deficiencias actuais así o aconsellen.