27 agosto 2009

Después del alcalde, la lideresa del Bloque en Vigo arremete contra los promotores

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-.- A portavoz do grupo municipal do BNG en Vigo, María Méndez, salientou estes martes que o BNG “non é refén de ninguén” e se defende o 40% de vivenda protexida no PXOM é porque “está ao lado dos sectores menos favorecidos”. Segundo a responsable nacionalista, precisamente son estes sectores os que demandan vivenda pública e que a inclusión do 40% de vivenda protexida no PXOM é un “logro social” impulsado por unha Consellería nacionalista do anterior goberno da Xunta

Segundo María Méndez, con esta modificación introducida no Plan Xeral da cidade, “Vigo non é coto privado de especuladores e promotores”, senón que trata de satisfacer a demanda de vivenda. Deste xeito, a portavoz nacionalista da resposta ás declaracións efectuadas polo presidente de APROIN, Javier Garrido, nas que asegura que os cambios que o BNG aceptou incluír converteron ao PXOM en “papel mollado”. “Curiosamente Garrido só fala das modificacións que se refiren á vivenda social, coas que el parece que non está dacordo, porque polo que se ve APROIN só defende a especulación”, indica María Méndez.

Ao respecto, a concelleira de Benestar en Vigo critica que Javier Garrido se erixa “na voz do Partido Popular ao alertar de que o goberno da Xunta actual vai rebaixar a porcentaxe de vivenda protexida ao 30%”. Segundo María Méndez, con este tema, APROIN mantén a liña do PP respecto á protección do litoral., xa que ao seu xuízo, se non se mantén a protección do litoral “todo indica que é porque o PP quere construír”. “Garrido estanos alertando de que os populares queren reducir un logro social dunha Consellería nacionalista”, sinala.

Para María Méndez, as manifestacións do presidente dos promotores “son o exemplo da liña política do Partido Popular”, que ao non actuar sobre o mercado supoñen unha volta á etapa de Manuel Fraga. Segundo María Méndez, esta se caracteriza pola “política do libre mercado que encarece a vivenda e non dá oportunidades ás rendas máis baixas”.

Finalmente, a portavoz do BNG cualifica de “absolutamente hipócritas” as manifestacións de Javier Garrido, xa que asegura que APROIN “en todo momento apoiou o Plan Xeral de Vigo e só agora atacan a medida máis social”. Neste mesmo sentido, María Méndez mantén que esas declaracións son hipócritas en tanto que “en privado ten felicitado aos responsables do BNG polo desenvolvemento do PXOM vigués”.

“Resulta curioso que Garrido non critique que a forza política que ten quedado fóra do debate do PXOM sexa o PP e non o BNG, que sempre defendeu a mesma postura”, conclúe a responsable nacionalista.