20 agosto 2009

El PP asegura que los bipartitos gustan de buenas soldadas para los directivos de la CRTVG

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Os membros do Consello de Administración da CRTVG elixidos a proposta do PSOE e do BNG impediron a reducción de retribucións de directivos da CRTVG, enmarcada dentro dun plan de austeridade iniciado pola nova dirección da compañía.

A dirección xeral da CRTVG non conseguiu sacar adiante a súa proposta, que supoñía unha reducción do custe conxunto neste capítulo, ao non acadar a maioría reforzada no Consello de Administración, necesaria para a súa aprobación.

A iniciativa contou só cos votos a favor dos membros do Consello de Administración elixidos a proposta do PPdeG, que non son suficientes para acadar a maioría de dous tercios que é precisa para a modificación do réxime retributivo, segundo establece lei de creación da CRTVG. Socialistas e nacionalistas abstivéronse na votación, impedindo así a aplicación desta medida.

ACTITUDE OBSTRUCCIONISTA E IRRESPONSABLE
O PPdeG lamenta a actitude irresponsable de PSOE e BNG, coa que están a dificultar a xestión dos medios públicos de Galicia. O seu comportamento obstrucionista é moi grave, xa que a súa nefasta xestión, na etapa anterior, deixou a CRTVG e as súas sociedades cun balance negativo en todos os eidos: como o económico, o laboral, ou o seu carácter de servizo público.

A actuación da dirección xeral da CRTVG nomeada polo bipartito estivo marcada polos escándalos, como as gravacións ilegais de conversas de directivos da TVG con algún alto cargo da Xunta; as ameazas aos traballadores; ou as sucesivas condenas da Xunta Electoral por falta de neutralidade.

Cando se incorporou o novo equipo directivo, viuse na obriga de revogar as contas anuais da TVG e RTG do ano 2008 por “non amosar unha imaxe fiel do patrimonio, da situación financieira e dos resultados da empresa”.

Por iso as contas foron reformuladas atendendo as excepcións e salvedades que se reflicten nos informes feitos no seu día pola auditoría. Deste xeito, o resultado contable do ano 2008 da CRTVG e Sociedades pasou de 86.841 euros positivo (beneficio contable segundo as contas aprobadas polo anterior equipo) a - 27.107.707 euros negativos (perda contable), unha vez introducidas as correccións indicadas polos auditores.

VERSION DO BNG
O BNG lamenta profundamente o uso partidario que o PP está a facer dos medios de comunicación públicos de Galiza a través do Consello de Administración da CRTVG.

Neste sentido, en opinión dos nacionalistas, estáse a pór en entredito o papel de “neutralidade” do director xeral da compañía cando se están a utilizar debates e deliberacións do Consello de Administración para facer críticas políticas baseadas en mentiras.

Asi, en resposta ás acusacións verquidas hoxe polo PP, o BNG quer aclarar que a votación na que se abstivo “non supoñía ningún plan de aforro ou contención do gasto nos medios públicos, senón que constituía unha redistribución dos salarios sen reducir o montante total”.

Tal e como explican os nacionalistas, a medida proposta non tería “absolutamente ningunha relación cun suopsto plan de aforro e supoñía, nalgúns casos, que algúns cargos directivos novos ían cobrar máis que a persoa que acababa de ser cesada no mesmo posto”.

O Bloque Nacionalista Galego acusa aos populares de mentir e manipular os datos e afirma que “o único obstruccionista é o PP e asi o demostrou cando impediu que se aprobasen as contas do anterior equipo directivo negándose a que o BNG renovase a un dos seus membros no Consello de Administración por falecemento”.

Foi tamén o PP, segundo lembra o BNG, quen obstaculizou e “paralizou a OPE aínda a sabendas de que a inmensa maioría dos traballadores e traballadoras do ente público non teñen contrato fixo”.

O BNG anima ao PP a que colabore a que a televisión e radio públicas de Galiza “cumpran cos seus fins, propios dunha entidade pública e non a utilicen de xeito partidario”, ao tempo que amosa a súa preocupación pola caída nos índices de audiencia rexistrada despois de que os niveis acadasen os seus máximos na etapa do goberno bipartito.