09 marzo 2009

BNG : Jorquera habla en voz alta...

FRANCISCO JORQUERA ADVÍRTELLE AO PSOE DE QUE “NON SE EQUIVOQUE DE INIMIGO” E DE QUE “CERTAS ESTRATEXIAS PODEN LEVALO A UNHA GRAN FRAXILIDADE DE APOIOS NO CONGRESO”
O coordinador executivo do BNG asegura unha entrevista a RNE que “o BNG vai facer unha reflexión interna serena e profunda da que se deriven conclusións construtivas, porque o que non quere a sociedade galega é un BNG ensimesmado ou sumido no caos”

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O coordinador executivo e portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, asegurou este mediodía nunha entrevista a RNE que “a estratexia dalgúns dirixentes do PSOE de marcar distancias co BNG pode levalo a unha situación de gran fraxilidade para conseguir apoios no Congreso dos Deputados”.

Francisco Jorquera advertiu de que “entrar nunha dialéctica perversa de quen tivo máis culpa da perda do Goberno, se PSOE ou BNG é unha actitude irresponsábel que desacredita un goberno que presentou un balanzo moi razoábel”.

“No BNG imos facer as correccións necesarias para sintonizar mellor coa sociedade galega e o PSOE debería facer o propio e non eludir as súas responsabilidades. O BNG ten moi claro que o noso principal adversario político é o PP”, asegurou o responsábel nacionalista.

Ademais, explicitou claramente que “o BNG vai seguir traballando para que cristalice unha alternativa ao PP cando os cidadáns sexan chamados de novo ás urnas”.

Fraxilidade dea poios do PSOE no Congreso

Por outra parte, Francisco Jorquera lembrou que “o BNG nunca asinou un pacto de lexislatura co PSOE en Madrid”. “Somos –precisou- unha forza de oposición, mantemos posicións críticas pero tamén temos vontade de diálogo para rectificar políticas erróneas e chegar a acordos positivos para Galiza, como vimos demostrando nas dúas últimas lexislaturas”.

A este respecto afirmou que “no PSOE hai algunhas voces que non están calibrando ben os pasos a dar, defendendo marcar distancias co BNG e por outra parte tentando pactar co PP en Euskadi”. “Se todo isto se consuma –advertiu- vai situar ao PSOE nunha situación d, e fraxilidade parlamentar moi grande no Congreso”.

“O BNG necesita un debate profundo e sereo de onde se deriven conclusións construtivas”

Preguntado pola situación internado do BNG tras os resultados do 1 de marzo, Francisco Jorquera considerou que “o BNG necesita un debate profundo e sereo para analisar os erros cometidos e de onde se deriven conclusións construtivas”.

Jorquera asegurou que “as responsabilidades son colectivas” e lembrou que “no BNG todas as persoas estamos a disposición da organización”.

O coordinador executivo do BNG subliñou que “o que a sociedade galega non entendería sería un BNG ensimesmado internamente ou sumido no caos e que non exerza a súa labor ao servizo do país”.